![]() |
|
Spaces home Espacio da AOFTPhotosProfileFriends | ![]() |
|
July 07 51 Certame Nacional de AcordeónRESULTADO
51º CERTAME NACIONAL DE ACORDEÓN
O Grupo formado por:
Gerardo Quintela,(Acordeón), Gonzalo Abelairas, (Gaita e Saxo soprano)
e Patricia López,(Voz e percusións)
Acadaron o:
"1º PREMIO"
na categoría de "Grupos Populares",
na 51 edición do Certame Nacional de Acordeón, organizado pola Asociación Galega do Acordeón e celebrado na cidade de Ourense os dias 4, 5, e 6 de Xulio de 2008,
(na Residencia Florentino López Cuevillas e no Liceo de Ourense).
July 02 Resultado do Concurso de CuartetosRESULTADO DO
"I CONCURSO DE CUARTETOS FESTAS DE OURENSE
1º premio: O Chupacabras (Vigo)
2º premio: Anacos de Buxo (Nigrán) 3º premio: Abelente (Ourense) June 20 Concurso de Cuartetos - Cidade de OurenseCONCURSO DE CUARTETOS
CIDADE DE OURENSE
Concellaría de Cultura do Excmo. Concello de Ourense e “Galegapoloscincosentidos” convocan o concurso de CUARTETOS DE GAITAS “FESTAS DE OURENSE”, que se celebrará os vindeiros 28 e 29 de xuño do 2008 no marco das Festas desa cidade. O prazo de inscrición para participar no mesmo remata o día 18 de Xuño.
Entregaranse os seguintes premios: 1º premio ... 1.200 euros 2º premio ... 700 euros 3º premio ... 300 euros As bases e a folla de inscrición nos seguintes enlaces: AGG
Malmequer:
June 02 CondolenciasCondolencias polo pasamento de Isaura,
2 de Xuño de 2008
April 25 III Seminario de Palletas e PallónsIII Seminario de Palletas e Pallóns
O próximo domingo 27 de abril celébrase en Melide, organizado pola
Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración da Asociación Castelo de Melide, o III Seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega. Será a partir das 11h da mañá no centro multiusos desta localidade e a entrada é totalmente gratuíta. Ao longo da mañá abordaranse temas fundamentais e problemáticos, tanto para artesáns como para intérpretes, que xiran en torno á elección da palleta, empalletado, afinación da gaita, conservación das palletas... e todo se fará baixo os garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a que teñen os participantes neste seminario: Amado Domingo “Cubero” e Sito Carracedo. A Asociación de Gaiteiros Galegos, con este seminario, quere facer especial fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura. Durante todo o día poderase asistir ás diferentes actividades que a Asociación Castelo de Melide ten programadas na IV Foliada de Melide January 27 VENRESPIRAR 2008VENRESPIRAR 2008
COMEZAN DE NOVO, OS VENRESPIRAR EN OURENSE!!!
FESTAS ITINERANTES DE MÚSICA E BAILE, ORGANIZADOS POR "ALGARAVÍA" E "AOFT GOMES MOURO".
REALÍZANSE EN DIFERENTES LOCALES DA CIDADE DE OURENSE E COINCIDEN O PRIMEIRO VENRES DE CADA MES SALVO EN MAIO, QUE SERÁ O SEGUNDO.
AQUÍ TEDES AS DATAS E LUGARES:
1 de febreiro......Liceo
7 de marzo........Efémera 4 de abril...........Foula 9 de maio..........Don Gaetano 6 de xuño..........Ollo Ledo ESTAS FESTAS ESTÁN ABERTAS A TODA A XENTE QUE QUEIRA VIR E PARTICIPAR, XA SEXA TOCANDO, BAILANDO, CANTANDO OU SIMPLEMENTE
TOMÁNDOLLE ALGO E DISFRUTANDO DO AMBIENTE
QUEDADES TODOS CONVIDADOS A VIR E PARTICIPAR!!!
December 10 Dia do Orgullo GaiteiroIV DIA DO ORGULLO GAITEIRO
15 e 16 de Decembro de 2007
Este fin de semana, AOFT GOMES MOURO organiza o "IV dia do ORGULLO GAITEIRO"
As actividades para o fin de semana son:
SÁBADO, 15 DE DECEMBRO: (Todas as actividades na sala Anexa do Auditorio Municipal de Ourense, entrada gratuita)
16:00 a 18:00 - Emisión en directo do Programa: "LUME NA PALLEIRA", con Emilo Españadero coa intervención e presentación do cd "As fontes Musicais" do Gaiteiro JUANJO FERNÁNDEZ.
18:15 a 19:00 - Charla didáctica: "OS INSTRUMENTOS POBRES" con XAVIER BLANCO
19:00 a 19:30 - ACTO DE HOMENAXE: Ao programa "ALALÁ" da Radio televisión de Galicia e ao Sr. ANTONIO GONZÁLEZ FRANCO", membro fundador do grupo de gaiteiros "Os Francos" de Ourense
19:30 a 20:30 - Actuación de PABLO SEOANE co seu novo traballo, "Fluíndo en Pechado"
21:30 - "CEA DO ORGULLO GAITEIRO"
No Servicio de cociña de "AIXIÑA", rúa da Farixa 7, na Finca Sevilla, ao lado do Pazo de deportes, "Paco Paz"
*Para a cea hai que reservar via email: gomesmouro@mundo- r.com ou no teléfono: 609022512 durante a semana*
DOMINGO 16 DE DECEMBRO: (Domingo de Lecer - Carpa da explanada das Burgas)
12:00 a 14:00 - XORNADA DO TRAXE GALEGO, (Colabora: Centro Xaquín Lorenzo Xocas), onde amosaranse diferentes tipos de traxes, explicaranse as partes e onde anímamos a que todo o mundo participe indo vestido.
Amenizado con Música e baile
Domingo 16 de decembro de 17:00 a 19:00 "Gaiteiros de Castro Floxo" e "Gomes Mouro"
Quededes todos convidados!!!!!
November 30 Domingos de LecerDOMINGOS DE LECER
Dende a Asoc.Cultural AOFT GOMESMOURO querémosvos convidar aos "Domingos
de Lecer", que durante este mes de nadal terán lugar na zona vella de Ourense. Os es as "GomesMouro" coordinamos unha serie de actividades vencelladas á música tradicional (coa colaboración do Centro Cultural Xaquín Lorenzo): obradoiros de iniciación, charlas, seráns e concertos que faremos nunha carpa na explanada das Burgas. Os obradoiros (para tódolos públicos), serán pola mañá, de 12 a 14 hs, fundamentalmente prácticos e participativos, e comezamos este Domingo día 2 cun "Obradoiro de iniciación ao baile", para logo poñer en practica nos concertos e seráns a partires das 17 hs con varios grupos e asociacións ourensáns. Así que , ánimarse a participar, e en calquera caso,vos agradeceríamos que difundirades esta información a quén poidera interesar.
Aqui tedes toda a información das actividades
November 01 Mostra de CuartetosMOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN
A Asociación de Gaiteiros Galegos inaugura o vindeiro venres, 2 de Novembro
ás 19:30 h. no Museo Municipal Manuel Torres de Marín (Avda. De Ourense,3) a IV Mostra de Cuartetos tradicionais. Esta actividade, promovida pola AGG e patrocinada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín, pretende afondar no coñecemento dunha das formacións máis importantes dentro da nosa música tradicional como é o Cuarteto de dúas gaitas, tambor e bombo. A Mostra inclúe exposicións, debates, conferencias e actuacións musicais, que, no presente ano, xirarán arredor do grupo “Os Tempranos de Eiris”, da Coruña. O venres 2 de novembro, trala inauguración da exposición ás 19:30, as actividades continuarán cun pequeno concerto do cuarteto "Picuiña" de Marín ás 20:00 h, tamén no Museo Manuel Torres. Seguidamente, organizarase un magosto na praza da Veiguiña, que estará aberto á participación de tódolos cuartetos que o desexen, potenciando a participación dos grupos que estean comezando e facilitando que experimenten a sensación de animar unha festa popular como facían estas formacións nas súas orixes. Haberá castañas de balde. October 10 Curso 2007-2008
HORARIO DA EMT
GAITA:
PERCUSIÓN:
CANTO E PANDEIRETA:
October 04 COMEZO DO CURSOCOMEZO DO CURSO 2007-2008
Este mes de outubro comezamos de novo as clases nas diferentes escolas onde imparten clases mestres da AOFT.
Na escola que levamos nos directamente, a EMT, (Escola de Música Tradicional de Ourense), faremos o Mércores dia 10 de Outubro de 20:00 a 21:00h. unha presentación das diferentes actividedes que ofertamos para este curso, poremos os horarios e estamos abertos a calquer suxerencia ou proposta que queirades facer.
Un saúdo a todos
A directiva da AOFT
O local da EMT, está situado no barrio de Barrocás, dirección: Tras bloque nº 8 Baixo, xunto a cancha de baloncesto.
September 20 "XORNADAS SOBRE O RÉXIME XURÍDICO E FISCAL PARA ACTIVIDADES ARTÍSTICAS"
"XORNADAS SOBRE O RÉXIME XURÍDICO E FISCAL PARA ACTIVIDADES ARTÍSTICAS"
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 29 de setembro as "Xornadas sobre o Réxime Xurídico e Fiscal para Actividades Artísticas". Terán lugar no Auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, cun horario de 10:00 a 14:00 horas.
O obxectivo destas xornadas é o de informar das diferentes opcións legais, fiscais e contables das que se dispoñen para exercer actividades culturais. Serán totalmente participativas e abertas para que todos os asistentes plantexen as súas dúbidas.
Dende a AGG cremos que a normalización e a xestión adecuada destas actividades é necesaria para poder ofrecer unhas condicións de traballo seguras e uns salarios dignos.
Para asistir a estas xornadas é necesaria unha inscrición previa que deberá realizarse antes do 27 de setembro. Esta inscrición é totalmente gratuita.
Todos aqueles interesados poderán formalizala a través do correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben no teléfono 986 847 074 (Roi ou Patri)
July 27 XIV MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
PARDIÑAS
XIV MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz (Lugo) a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz.
As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñibel durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou April 23 Seminario de PalletasSEMINARIO DE PALLETAS
"O vindeiro DOMINGO 29 DE ABRIL , vaise a celebrar en MELIDE, o "II
SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA" organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa Asociación Cultural e Musical O Castelo. A Asociación de Gaiteiros Galegos con este seminario quere facer especial fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura. Abordaranse temas fundamentais e problemáticos tanto para artesáns como para intérpretes que xiran en torno a afinación da gaita e todo se fará baixo os garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a que teñen os participantes neste seminario: Antón Corral , X. Manuel Gil, J. Luis Carballo Enríquez e Juan Brea. Se queredes máis información sobre o seminario, podedes poñervos en contacto coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico a: secretaria@gaiteirosgalegos.com"
April 10 FIADEIROI FIADEIRO EN MACEDA
O domingo 22 de abril de 18:00 a 22:00, celébrase o "I Fiadeiro", organizado pola Asociación Maçaeda de Limia en colaboración coa Asociación Ourensana de Folclore Tradicional.
Será na plaza das Toldas, no centro de Maceda, o aire libre, (no caso de facer mal tempo, trasladarase o Centro Multiusos de Maceda, xunto o polideportivo e a Hípica)
Haberá pinchos para todos os asistentes postos pola organización.
No apartado musical, aberto a todo o mundo que queira participar, tocando, bailando, cantando,..., tocarán grupos de alumnos e mestres da AOFT. Quedades todos convidados a vir e participar. April 09 I ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPAI ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA
"O vindeiro sábado, 21 de Abril, vaise a celebrar na Fonsagrada (Lugo), o "I ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA",organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. A trompa (arpa de boca, birimbao, guimbarda…) é un instrumento presente e espallado por moitísimas culturas e continentes (Alemaña, Noruega, Italia, Rusia, Vietnam, EEUU…). O instrumento tivo a facultade de adaptarse e asimilar a idiosincrasia das culturas musicais que o acolleron ao longo dos tempos. Posiblemente o camiño de Santiago facilitou a chegada a Galiza e a súa divulgación entre as xentes. Actualmente só na comarca da Fonsagrada se mantén vivo o instrumento, grazas ás figuras de Emilio “O Pando” e César Fernández. Eles son os últimos tocadores de trompa. A longa cadea de transmisión oral que nos legou a singularidade a particularidade deste instrumento corre serio risco de esvaecer se non creamos lazos que permitan poñer a disposición dos novos instrumentistas todo o saber destes homes. O obxectivo deste “I encontro de tocadores de trompa galega” é precisamente facer un diagnóstico da situación actual do instrumento no país e sentar as bases sobre as que nun futuro non moi lonxano nos permitan aumentar o número de tocadores de trompa, así como o de ensinantes e estudiosos do mesmo. Se queredes máis información sobre o encontro, podedes poñervos en contacto coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico a: secretaria@gaiteirosgalegos.com" December 07 DIA DO ORGULLO GAITEIRODIA DO ORGULLO GAITEIRO
Os dias 15 e 16 de decembro de 2006 celébrase o III Dia do Orgullo Gaiteiro, organizado por "Gomes Mouro". O programa é o seguinte:
Venres 15:
-21:00h ; Orgullosa Festa Gaiteira no local social "A Esmorga", (rúa Telleira nº9, zona universitaria)
Sábado 16:
15:00-17:00 Programa "Lume na Palleira " en directo dende o Ateneo de Ourense, (Edificio Torre, no parque de San Lázaro)
18:00-19:00 Charla coloquio con Xose Luís Miguélez Saínza, (1º titulado superior de Gaita), "O estudio Reglado da Gaita"
19:00-20:00 Charla coloquio coa familia Seivane
20:00 Concerto a cargo do cuarteto de Nigrán "Anacos de Buxo" e no medio farase o Acto de Homenaxe a Faustina Santalices e a Emilio Españadero, "lume na Palleira" décimo aniversario
22:30 Cea Homenaxe no local de Aixiña, (o lado da finca Sevilla). 15€ necesaria reserva previa ata o xoves 13 no email:
ou nos tlfns: 609022512 - 606777718
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|